Pestanas principais

>Nube nube sol

Venres, 29 novembro, 2019
Ás 17.00 e ás 18.00 horas

Teatro musical a cargo de Teatro ao Cubo para crianzas de 0 a 4 anos na Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá dúas sesións, unha ás 17.00 horas e outra ás 18.00 horas. 30 asistentes por sesión máis acompañantes.

As nubes chegan. Chove, fai sol. A natureza desperta para encherse de cores. Baixo o amparo dos paraugas encontraremos escondite, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe.

A través do corpo, os xestos, o canto e a música, Teatro ao Cubo aportan á primeira infancia os ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo creza.