Pestanas principais

>Noite Meiga

Mércores, 23 xuño, 2021

A Conceellaría de Benestar Social e Saúde organiza a "Noite Meiga". Realizarase unha andaina circular, con saída do Pazo da Peregrina, ás 19:00 horas. Precísase inscrición previa enviando un email ao correo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ou chamando ao número ( enviando un WhatsApp) 649 45 02 64. Hai 25 prazas dispoñibles.

Percorreremos a versión corta da Ruta 8M en versión teatralizada para rematar no Pazo cunha "sorpresa" onde disfrutaremos da forza das mulleres meigas, voz da terra, danza, embruxos,....