Sábado, 16 agosto, 2025
Ás 20.00 horas
- Tematica
O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este sábado, 16 de agosto, ás 20.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e o Parrulo Ferrol. Este encontro forma parte dos partidos de pretemporada de ámbolos dous equipos.
As entradas para asistir a este partido poden solicitarse a través da seguinte ligazón. O prezo é de 5 euros para adultos e 2 euros para o público menor de 16 anos.





