Pestanas principais

>Música na noite con Diego Moreira e Néstor Peña

Domingo, 19 xullo, 2020

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolle a actuación de Diego Moreira e Néstor Peña, cantantes das orquestras París de Noia e Olimpus respectivamente.

Bachata, merengue, pezas bailables e algún acústico compoñen o repertorio que Diego e Néstor preparan para o Milladoiro.  

O concerto forma parte da xeira de actuacións de "Música na noite", previstas para este verán e está incluída no programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.