Pestanas principais

>Mostra de Teatro Aficionado "Urxencias"

Venres, 8 novembro, 2019
Ás 21.00 horas

Obra de teatro pertencente á Mostra de Teatro Aficionado organizada polo Concello de Ames que é representada polo Club de Maiores de Boqueixón. Desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns e as entradas, que son de balde ata completar aforo, están destinadas a un público adulto.

Trátase dunha obra que recrea diferentes situacións que se viven nunha sala de urxencias dun hospital moi peculiar, sempre dende o humor e a parodia. O texto está baseado na coñecida obra Servicio de Urxencias de Suso de Toro.