Pestanas principais

>Mostra de Teatro Aficionado "Criaturas"

Domingo, 15 decembro, 2019
Ás 19.00 horas

Obra de teatro pertencente á Mostra de Teatro Aficionado organizada polo Concello de Ames. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, é de entrada gratuíta e está destinada a un público adulto.

Peza teatral de Roberto Vidal Bolaño representada polo Grupo Municipal de Teatro de Ames. Trátase dunha das últimas comedias escritas polo autor, na que utiliza o mito de Frankestein para colocalo no medio dunha cidade na que os seus habitantes non parecen ser menos monstruosos que este coñecido personaxe. Unha comedia ácida que nos fará preguntarnos se o mostro ideado por Mary Shelley é de verdade máis criatura que a xente coa que nos relacionamos a diario.