- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, volve a programar un ano máis a Mostra de Teatro Afeccionado. Deste xeito, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá do 5 ao 8 de decembro un total de catro representacións teatrais a cargo de compañías de Ames, Brión, Muxía e Santa Comba. Os convites poden adquirirse na Billeteira electrónica. No caso de haber convites dispoñibles, tamén se poden coller o propio día do espectáculo.
O Concello de Ames retomou no pasado 2024 a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura e a Escola Municipal de Teatro de Ames que ten como obxectivo poñer en valor o esforzo e dedicación dos grupos de teatro non profesionais, así como a cultura e a lingua galega no ámbito das artes escénicas.
Domingo 7 de decembro: Un tranvía chamado desexo, de Sen Cancelas Teatro (Santa Comba)
Sen Cancelas Teatro estará a presentar un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, gañadora do premio Pulitzer na categoría Drama no ano 1948. Así, a agrupación xalleira reconstrúe esta peza teatral dun xeito moi persoal e cunha forte carga emocional e interpretativa, xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora.





