- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, presenta a terceira edición do ciclo de monólogos, que se celebrarán entre o 21 e o 24 de maio nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Monologuistas como Leti da Taberna, Josito Porto ou Celso Fernández Sanmartín participarán nunhas xornadas nas que haberá interpretación en lingua de signos.
Durante estas xornadas, participarán un total de oito monologuistas repartidos en catro días: os espectáculos serán sempre dobres. O sábado 23 de maio será a quenda de Leti da Taberna e Irene Medín, nunha sesión que transcorrerá na Casa da Cultura de Bertamiráns, dende as 21.00 horas. Leti, que levou a taberna a TikTok, presenta o seu monólogo “Enredada”, onde explora os métodos para usar as redes sen converterse en peixe para carnada. Abriralle a cortina Irene Medín, unha humorista que recordará o importante que é o humor para a supervivencia.





