Pestanas principais

>IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional

Domingo, 26 abril, 2026
Ás 10.00 horas

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 26 de abril, a partir das 10.00 horas, a cuarta edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e no que colabora o Concello de Ames, entre outras entidades. Participarán máis de 800 persoas repartidas en 70 grupos de 30 asociacións chegadas de diferentes puntos de dentro e fóra do país.

Este domingo, 26 de abril, o auditorio de Bertamiráns acollerá o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e no que colabora o Concello de Ames. Contarase coa actuación de 70 grupos pertencentes ás 30 asociacións participantes. Unha delas virá de Barcelona.  

O concurso comezará a partir das 10.00 horas e continuará ao longo de toda a tarde. Haberá varias categorías de premios, entre as que se repartirán 3.250 euros. Ningún premio poderá quedar deserto e decidirase un único gañador por premio, sen posibilidade de empate. Existen cinco categorías.

Ademais, haberá dous premios especiais decididos a través do voto popular. Un deles decidirase na quenda de mañá, mentres que o outro decidirase na quenda de tarde. Entre os criterios de valoración, o xurado terá en conta aspectos como a autenticidade e dificultade da peza ou a afinación e interpretación da mesma. 

Por outra banda, a entrada ao concurso é gratuíta, mais poderá visualizarse o evento a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse a través desta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.