Venres, 3 xullo, 2020
Ás 12.00 horas
- Tipo
- Tematica
Este venres, 3 de xullo, inaugurase na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra de pinturas de Marité Lamas Domínguez. Unha serie de interpretacións realizadas en acrílicos, lapis e acuarelas, durante os primeiros corenta días da corentena mundial 2020.
A exposición, de entrada libre, estará dispoñible na Casa da Cultura ata o próximo 31 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
Trátase dunha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social a través da Oficina de Voluntariado de Ames.