Pestanas principais

>I Open Galego de Patinaxe Artística

Domingo, 13 xullo, 2025
A partir das 10.00 horas

Esta fin de semana, o pavillón municipal do Milladoiro acollerá dúas competicións de patinaxe artística, ámbalas dúas organizadas polo Club de  Patinaxe Artístico Omega. A primeira delas será o Campionato Provincial de categorías Benxamín a Infantil, que terá lugar o sábado día 12 a partir das 10.00 horas e que se extenderá ata ben entrada a tarde. Por outro lado, o domingo día 13, tamén a partir das 10.00 horas, celebrarase o I Open Galego de patinaxe, unha iniciativa que se estrea por primeira vez no que patinadoras e patinadores de toda Galicia, de diferentes niveis de categoría nacional que non chegaron a clasificarse para o Campionato Galego, realizarán as súas exhibicións de final de temporada. 

A partir das 10.00 horas, celebrarase o I Open Galego, unha cita na que participarán máis de 50 patinadoras e patinadores chegados de toda Galicia de diferentes niveis en categoría nacional. 

A posta en marcha desta iniciativa vén motivada para que as patinadoras e patinadores que non obtiveron a nota mínima para clasificarse ao Campionato Galego, poidan seguir adestrando e competindo, evitando así que rematen a temporada con meses de antelación e continuar mellorando e mantendo un alto nivel de competición.