Pestanas principais

>As Gardiás en Bertamiráns

Venres, 23 xaneiro, 2026
Ás 20.30 horas

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

A obra “As Gardiás” será a que inaugure o programa de artes escénicas o próximo 23 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Representada pola compañía Teatro de Ningures, a función invita a reflexionar sobre o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez a través da protagonista, Rosa.