Pestanas principais

> Galitoon a través do programa Apego

Martes, 22 decembro, 2020
Ás 18:00 horas

A Casa da Cultura de Milladoiro acolle hoxe martes, 22 de decembro, ás 18:00 horas,  a actuación de “The sowh moscón” da Compañía Galitoon.
O espectáculo, dirixido a público familiar,  encádrase dentro da programación de Apego do último trimestre do ano.

As entradas poden adquirirse na billeteira municipal.

Con este espectáculo “Galitoon” lévanos até un circo que presenta unha mosca e que se artella a través dun armario que agocha tralas súas portas fantásticos números.