Pestanas principais

>Gala de Rosalía

Venres, 23 febreiro, 2024
Ás 19:00 horas

O venres 23 de febreiro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha homenaxe poética musical a Rosalía de Castro. Será un acto diverso e participativo no que a veciñanza amesá se achegará á figura rosaliana a través de recitados, música, performances, dramatizacións, proxeccións... A entrada será libre ata completar aforo.

A gala contará coa actuación musical moderna e rompedora de HIGH PAW (cantautora e DJ) e será presentada por CRISTINA COLLAZO, comunicadora e actriz entre outras da función teatral Rosalía nena ambientada na época que Rosalía pasou en Ortoño. Na gala participarán o alumnado dos centros educativos de Ames e  representantes de  asociacións e do ámbito cultural.