- Tipo
- Tematica
A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.
O día 30 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, será a quenda de “As formas do amor”, unha representación teatral de Verdeveras Expresións Artísticas. O amor, o tempo e as emocións marcan o argumento desta obra que achega unha reflexión sobre o concepto de amor.





