Pestanas principais

>Festa final do curso Amessán

Sábado, 19 xuño, 2021

O programa Amessán clausúrase este curso cunha xornada con música e actividades no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns o sábado 19 de xuño.

Durante a tardiña haberá:

  • Actuacións dos grupos de panderetas Amessán
  • Unha exposición dos traballos realizados durante o curso
  • Actividades de memoria e de ximnasia dirixidas
  • Xogos tradicionais

Ás 19.00 horas, actuará o grupo musical "Luís Rey".

Entre ás 13.30 e 16.00 horas, realizarase un xantar campestre. Cadaquén levará o seu xantar (haberá mesas habilitadas para todos e todas por grupos reducidos). Ademais, porase a disposición de quen queira un xantar para mercar no recinto que inclúe tortillas caseiras e empanadas caseiras atún, polo, carne ou bacallau. Para encargar esta comida, deberase facer antes do mércores 16 de xuño. O prezo da ración é de 2,5 euros.

Reserva servizo bus

Haberá dispoñible un servizo de autobús. Para reservar prazas deberase chamar antes do mércores 16 de xuño aos números de teléfono 662 377 302 ou 683 327 378. Deberase indicar o número de persoas e a parroquia de recollida (poden reservar participantes Amessán e as súas familias e amigos/as).