Pestanas principais

Fidalgo

Venres, 22 marzo, 2019
Ás 21.00 horas

A obra de teatro en verso O Fidalgo, escrita por Xesús San Luís Romero, chega a Ames da man do Grupo de Teatro da Maía. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura déspota. A representación terá lugar o venres, 22 de marzo, ás 21.00h na Casa da Cultura de Bertamiráns.