Pestanas principais

> Festival ViduRock II

Sábado, 8 outubro, 2022
Ás 19:00 horas

Este sábado, 8 de outubro, a partir das 19.00 horas, celébrase no aparcadoiro da rúa dos Agriños, no Milladoiro, a segunda edición do ViduRock. Actuarán os grupos Desequilibrio Mental e Recambios Tucho. Haberá cantina a cargo do bar Adega. O Concello de Ames colabora con este evento cedendo o espazo onde se vai celebrar o festival.