- Tipo
- Tematica
O festival Modo Galego, actívao! é unha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia. No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. A festa será o venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibirá o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.
Este ano o peche oficial do programa farase o vindeiro venres, 17 de abril, cun gran festival na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns no que haberá unha gran festa con diversas actuacións musicais. Este festival ponlle o ramo ao programa Modo Galego, Actívao! que convidou a toda a comunidade educativa amesá activar a lingua galega durante un mes seguido. Será un espazo de encontro festivo ao que están convidados máis de 2.000 alumnos e alumnas, as súas familias e o seu profesorado e monitorado.
Desenvolverase o vindeiro venres, 17 de abril, entre as 17.00 h e as 21.00 horas na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e nel actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, creador da banda sonora do programa, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: Uxía Lambona e a Banda Molona e Gramola Gominola. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibira o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.





