Pestanas principais

>FestiMax: O Baúl da Maxia

xoves, 23 Outubro, 2025 a venres, 24 Outubro, 2025
De 17.30 a 20.00 horas

O XX Festival Internacional de Maxia de Ames,, nesta ocasión, terá lugar do 23 ao 26 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Este ano contarase con propostas que se estrearon na edición do 2024 e que contaron cunha gran acollida, como O Baúl da Maxia ou Maxia para os nosos maiores. Por outra banda, contarase coa estrea do espectáculo “Imposible?!” do Mago Rafa e celebraranse os xa clásicos obradoiros de maxia e a Gran Gala Máxica Internacional. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Maxia para todos os públicos
A programación do FestiMax deste ano está composto por cinco grandes espectáculos que se van a realizar do 23 ao 26 de outubro. A primeira das actividades do programa será “O Baúl da Maxia”, que contará cunha sesión en na Praza de Chavián, en Bertamiráns, o xoves 23, e no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro o venres 24- Esta proposta de pases de maxia, con media hora de duración e con grupos reducidos de 20 persoas, correrá a cargo da maga arxentina Lore Lavand, que adoita mesturar a poesía co mundo da maxia, na súa caravana máxica, un dos teatros máis pequenos do mundo. O  horario da actividade será de 17.30 a 20.00 horas e o acceso será de balde, por orde de chegada.