Pestanas principais

FestiMax 2026: Maxia para os maiores

Venres, 23 outubro, 2026
Doble sesión: 11.00 horas e 17.00 horas

Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Para os nosos maiores chega, dende Valladolid a maga Martilda, que será a encargada de levarlles a ilusión aos nosos maiores. Esta profesional ofrece máis de 50 shows por ano, moitas veces en residencias de maiores, sendo ela a persoa perfecta para encargarse desta xornada.

Este espectáculo para os maiores será o venres 23 de outubro , ás 11.00 horas no Local dos Maiores de Bertamiráns, e ás 17.00 horas no Local JUPEMI do Milladoiro.