Pestanas principais

>Festimax

venres, 23 Outubro, 2026 a domingo, 25 Outubro, 2026

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.

Os días 23, 24 e 25 de outubro, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen o festival de maxia Festimax, tres días cheos de maxia para todos os públicos con obradoiros, espectáculos e galas máxicas.