Pestanas principais

>Festas de Reis: "Estrela de mar pincha!"

Venres, 5 xaneiro, 2024
A partir das 18:00 horas

O pavillóns municipais de Bertamiráns e o Milladoiro acollen o día 5 de xaneiro unha xuntanza fin de festa, porterior ás Cabalgatas de Reis. Haberá animación infantil e actividades para toda a familia. No Milladoiro será aprtir das 18:00 horas, e en Bertamiráns a partir das 20:00 horas.

Ao rematar a cabalgata no Milladoiro, as Súas Maxestades desprazaranse ata o pavillón municipal da localidade arredor das 18:00 horas. Alí despediranse dos máis pequenos da casa e darán paso ao espectáculo de animación infantil ”Estrela de mar pincha!”. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de rosca con chocolate e de iogures doados por CLUN.

En Bertamiráns, igual que acontecerá no Milladoiro, haberá un fin de festa do pavillón municipal, onde tamén se poderán degustar a rosca con chocolate e os iogures de CLUN. Tamén en Bertamiráns se representará o espectáculo “Estrela de mar pincha!”.

Multimedia