Pestanas principais

> Festas da Madalena: Herdeiros da Crus e orquestra Charleston Big Band

Martes, 8 agosto, 2023
Ás 22:00 horas

martes 8 de agosto, ultimo día das festas da Madalena, haberá dúas grandes actuacións. Ás 22.00 horas, no paseo da Igualdade, ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro, actuarán seis anos despois os Heredeiros da Crus. A mítica banda de rock do Barbanza formada a comezos dos anos 90 volve a ofrecer un concerto no Milladoiro despois de estar no Millarock de 2017. De seguido, ás 23.00 horas pechará as festas do Milladoiro a orquestra Charleston Big Band na explanada que se atopa ao carón da Travesía do Porto e onde está situada a área de autocaravanas.