venres, 28 Agosto, 2026 a domingo, 30 Agosto, 2026
- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celébranse as Festas da Ameixenda. Tres días de troula nos que se reunirán no mesmo cartel a grandes actuacións como a do Dj Kike Varela ou as das orquestras Charleston, Manhattan e Alaska. Ademais, os asistentes tamén poderán gozar da disco móbil Chocolate e as charangas Quinkillada e Os Jalácticos.





