Pestanas principais

> Fede Pérez e Pepo Suevos actúan en Bertamiráns

Sábado, 1 agosto, 2020
Ás 22:00 en Bertamiráns

Os actores e veciños de Ames, Federico Pérez e Pepo Suevos, actúan hoxe en Bertamiráns:
A función terá lugar ás 22:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Pepo e Fede poñen en escena o espectáculo “A culpa é do sistema”
A entrada é de balde ate completar aforo.

"A culpa é do sistema" é un espectáculo interactivo no que o público terá un papel moi importante. Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se cambie de situación situación sobre o escenario.  Pepo e Fede terán entón que adaptar os contidos da obra á demanda dos espectadores.