luns, 8 Abril, 2024 a domingo, 21 Abril, 2024
- Tipo
- Tematica
Entre o 8 e o 21 de abril, na Casa da Cultura do Milladoiro estará a exposición “A investigación do cancro. Un desafío milenario”. Nela reflíctense os principais fitos desde a prehistoria (de onde datan os primeiros restos de tumores en animais e homínidos) ata o desenvolvemento de novas estratexias de medicina personalizada e inmunoterapia ou de métodos de prevención e detección precoz da enfermidade (como a vacina para o virus de papiloma humano) postos en marcha nas últimas décadas. Ademais, a mostra adéntrase no futuro do cancro e expón os esforzos que realizan os científicos e a Asociación para aumentar as taxas de supervivencia e a calidade de vida dos pacientes.