Pestanas principais

>Exhibición solidaria de medios da Garda Civil

Mércores, 14 maio, 2025
De 10:00 a 14:00 horas e de 16.00 a 18.00 horas

A área deportiva de Bertamiráns vai acoller o vindeiro mércores, 14 de maio, unha exhibición de medios da Garda Civil. Pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas, a exhibición está dirixida ao alumnado dos centros educativos, mentres que pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, o acceso será libre para a veciñanza que queira acudir. A través desta actividade o servizo da Garda Civil ofrece unha exhibición dos seus servizos. Ao mesmo tempo faise unha recollida de alimentos non perecedoiros. Anímase a veciñanza a colaborar nesta iniciativa solidaria. Todos os produtos que se recollan serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoan de Ortoño.

O próximo mércores, 14 de maio, realizarase na área deportiva de Bertamiráns unha exhibición solidaria de medios do corpo da Garda Civil, enmarcada no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas. A exposición terá un horario de mañá para docentes e alumnado, de 10:00 a 14:00 horas, e un horario de tarde, para o público en xeral, de 16:00 a 18:00 horas.

As unidades/grupos da Garda Civil que participarán en dita exhibición serán o servizo aéreo (UHEL); o grupo especialista en actividades subacuáticas (GEAS), con persoal, vehículo, embarcación pneumática e material propio da especialidade; o equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Trives; e o servizo cinológico SYR con persoal, vehículos, cans e material propio para a busca de persoas vivas;

Por outra banda, acudirá o Grupo Especialista Desactivación de Explosivos (GEDEX) con persoal, vehículo e material propio da especialidade; a Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) con persoal, vehículos e material propio da especialidade; a Unidade Orgánica de Policía Xudicial- Laboratorio (UOPJ) con persoal, vehículo e material propio da especialidade; o servizo cinológico con persoal, vehículos, cans e material propio para a busca de drogas e explosivos; e o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) con persoal, vehículos e material propio da especialidade.

Tamén se contará coa presenza da Patrulla de Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) con persoal, vehículo e material propio da especialidade; o Equipo Pegaso (Policía Especialista en Xestión Aeronáutica e de Seguridade Operacional) con persoal, vehículo e material propio da especialidade; o Subsector de Tráfico con persoal, vehículos e material propio da especialidade; e o equipo de Seguridade Cidadá con persoal, vehículos e material propio da especialidade.