Pestanas principais

>Espectáculo "Prende no colo"

Xoves, 1 febreiro, 2024
Ás 18:00 horas

O xoves 1 de febreiro, ás 18:00 horas, Luís Prego e Samuel Soto levarán ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o espectáculo "Prende no colo". Dirixido a nenos de 0 a 3 anos, trátase dunha sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía.

É precisa inscrición previa, entre o 24 e o 31 de xaneiro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.