Pestanas principais

> Encontros literarios: Xelís de Toro

Xoves, 13 abril, 2023
Ás 20:00 horas

O Pazo da Peregrina acollerá o xoves 13 de abril un novo encontro literario, desta vez con Xelís de Toro, que presenta "Etceteramente". Será ás 20:00 horas. O evento, que estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González, contará tamén coa presenza de Alejandro Vargas, artista sonoro, compositor e pianista cubano. De Toro e Vargas conversarán sobre a improvisación como método artístico. 

"Etceteramente" está formado por páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior... Trátase dun disparate absoluto, e unha homenaxe ao poder creativo da literatura (un refuxio para o acougo e un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión...).