Pestanas principais

>Encontros literarios: "Pero como morren as pegas" de Óscar M. Guzman

Xoves, 6 novembro, 2025
Ás 20.00 horas

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames volve en novembro cunha das súas propostas con mellor acollida, os Encontros Literarios. Desta volta, o protagonista será Óscar M. Guzman, que estará a presentar "Pero como morren as pegas". O encontro terá lugar o vindeiro xoves, 6 de novembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.