Pestanas principais

>Encontros literarios: "A mirada de Flor" de Margarita Murillo

Mércores, 7 maio, 2025
Ás 20.00 horas

Neste mes de maio, no que se conmemora o Día das Letras Galegas o vindeiro día 17, continúa a programación dos Encontros Literarios. Nesta ocasión, coa presentación do libro “A mirada de Flor”, da amesá Margarita Murillo. A sesión terá lugar este vindeiro mércores, día 7, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

“A mirada de Flor” de Margarita Murillo
Nesta novela, que como o resto da súa obra é de autopublicación, nárrase unha historia de ciencia ficción na que o Protocolo xoga o papel de protagonista. Deste xeito, un estrano papel chega ás mans de Flor, o que resulta sendo unha especie de billete para realizar viaxes no tempo coa finalidade de completar a súa formación para comezar unha importante misión.

Esta é a cuarta publicación de Margarita Murillo que, ademais de escritora, é consultora de Protocolo desde 1999, un sector vinculado á imaxe, simboloxía e relacións interpersoais para, deste xeito, mellorar a imaxe tanto no ámbito profesional coma no persoal.

Non é a primeira vez que a autora sexa protagonista nunha sesión dos Encontros Literarios, pois xa presentou en edicións anteriores algunhas das súas obras. Ademais, Murillo tamén colabora na Radio Cidadá, en Ames Radio, a través do programa O protocolo é para todos.