Pestanas principais

>Encontros Literarios: Mea Culpa de Toño Núñez

Mércores, 21 maio, 2025
Ás 20.00 horas

Este mércores, día 21, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios, desta volta, coa presentación do libro de Toño Núñez “Mea Culpa”. Ademais do autor desta obra, estará presente durante a xornada o investigador, profesor e crítico literario galego, Armando Requeixo. A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames, continúa coas presentacións do programa “Encontros Literarios, unha iniciativa que ten como obxectivo principal promover a literatura en galego, xunto con dar a coñecer novos escritores ou autores próximos.

Nesta nova sesión, o protagonista será o mestre e escritor Toño Núñez, que presentará a o seu libro “Mea Culpa”. O autor estará acompañado de Armando Requeixo, investigador, profesor e crítico no ámbito da literatura en galego. A presentación terá lugar mañá, mércores día 21 de maio, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

“Mea Culpa” de Toño Núñez
O autor leva ligado ao mundo da literatura dende hai varias décadas, escribindo en varios xéneros literarios, dende literatura infantil, ata poesía ou artigos de opinión. Esta obra é unha recompilación de relatos, nos que o autor invita á reflexión sobre unha ampla variedade de temas, habituais no universo literario como poden ser o amor, a dor, as inxustizas ou a propia vida e a morte.

Nesta liña, a través do estilo narrativo empregado ou as temáticas que se tratan en gran parte das narracións da obra, faise referencia a outras grandes figuras da literatura galega coma Ánxel Fole, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María ou Álvaro Cunqueiro.