- Tipo
- Tematica
O terceiro dos encontros literarios programados polo departamento de Bibliotecas de Ames contará coa presenza de Juan Galán, que presentará a obra "El eco de tu voz", unha obra editada por Medulia. O autor estará no Pazo da Peregrina o xoves 30 de marzo, ás 20:00 horas.
"El eco de tu voz" é unha obra descrita polo seu autor como "froito da miña fantasía. Quere ser unha novela histórica na que se mesturan elementos históricos e inventados. As personaxes de Adela e Fabiana son ficticios, aínda que conteñen algúns rasgos autobiográficos, pero tamén aparecen feitos históricos acaecidos en diversas épocas e personaxes reais como Virginia Woolf, Emilia Pardo Bazán e Santiago Casares Quiroga e familia, sobre os que consultei diarios, memorias e abundante biografía".
Juan Galán (A Coruña, 1961) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola USC. Viviu en diversos países e continentes, e traballou como profesor de inglés. Tras exercer a docencia durante máis de trinta anos, xubilouse recentemente A súa carreira literaria iniciouse coa publicación de "Romanza de los naranjos en flor". Ademais, destaca como investigador da Memoria Histórica Democrática, e adícase a contar a historia dos presos republicanos que sufriron a represión franquista organizando rutas a pé por Galicia, as Rutas Republicanas.
