Pestanas principais

> Encontros Literarios en Ames: Miguel Alonso

Xoves, 17 febreiro, 2022
ás 20:30 horas

O departamento de Bibliotecas organiza unha nova edición dos seus encontros literarios, nesta quenda coa presentación de “O caso dos amantes de París”, de Miguel Alonso. O acto terá lugar o xoves 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ao autor acompañarano Irene Quinteiro, profesora e contacontos, e Edurne Baines, editora, nun evento presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.