Pestanas principais

> Encontros literarios: Charo Pita

Mércores, 26 abril, 2023
Ás 20:00 horas

O mércores 26 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar un novo Encontro Literario organizado polas bibliotecas municipais. Desta volta, a autora protagonista será Charo Pita, que presentará a súa obra "Del cacao al chocolate, mitos y leyendas", da editorial Libros de las Malas Compañías. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Todo procede da mesturanza e a mestizaxe. Tamén o cacao. Nel mestúranse a Historia coas historias, o amargo co doce, a bebida coas golosinas, a cultura precolombina coa europea e a africana, o mito e a lenda coa anécdota. A súa viaxe ao longo dos séculos caracterizará por unha constante transformación que culminará coa aparición do chocolate tal e como o coñecemos agora. Unha auténtica aventura que merece ser contada.

Charo Pita (1966) é escritora, actriz e contacontos. Ten publicado Igor (2001), Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de Poesía Espira Maior e O arco da vella (2009).