Pestanas principais

>Encontros literarios: "Cada uno de mis latidos" de Nerea Cebreiro

Xoves, 12 xuño, 2025
Ás 20.00 horas

O vindeiro xoves, día 12 de xuño, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios, desta volta, coa presentación do libro de Nerea Cebreiro “Cada uno de mis latidos”. A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada de Mónica Frecha, profesora de lingua castalá no IES Rosalía de Castro de Santiago. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames, continúa coas presentacións do programa Encontros Literarios, unha iniciativa que ten como obxectivo principal promover a literatura en galego, xunto con dar a coñecer novos escritores ou autores próximos.

Nesta nova sesión, a protagonista será Nerea Cebreiro coa súa primeira obra “Cada uno de mis latidos”. Nerea Cebreiro é unha moza de 18 anos natural de Santiago e que vive no Milladoiro. Está a presentar o seu primeiro libro, escrito nos seus primeiros anos de adolescencia, baseado nas súas primeiras vivenzas e inquedanzas. Esta obra fala de moitas cousas, fala de querer, de desquerer; fala de querer e de odiar, de quedarse e de marchar. Fala da adolescencia, dos primeiros amores e as primeiras decepciones, de rir e de chorar.