Pestanas principais

>Encontro Intercultural

Sábado, 7 xuño, 2025
A partir das 14.00 horas

O vindeiro sábado, 7 de xuño, a partir das 14.00 horas, celébrase en Ames un novo Encontro Intercultural na praza da Maía, en Bertamiráns. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar de diferentes actuacións musicais a cargo dos integrantes da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka. A xornada está organizada polo Concello de Ames e conta coa colaboración da  Asociación de Peruanos de Santiago e da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI).

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames invita á toda a veciñanza a asistir a un novo Encontro Intercultural o vindeiro sábado, 7 de xuño, dende as 14.00 horas. Os que así o fagan, poderán degustar pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciños e veciñas de Ames, procedentes de diferentes países como Venezuela, Perú, Colombia, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Marrocos, Siria, Exipto, Cabo Verde, entre outros.

Durante a xornada tamén haberá actividades infantís para os nenos e nenas e actuacións musicais a cargo dos integrantes da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka, que foi creado no ano 2000 en Burela, e está formado por catorce mulleres caboverdianas residentes en dita localidade.