Pestanas principais

>Documental “Vértice de Versos”e coloquio

Venres, 12 marzo, 2021
Ás 20.00 horas.

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e, polo tanto, as bibliotecas teñen organizadas unha serie de actividades relacionadas. O venres 12 de marzo, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, proxectarase a obra “Vértice de Versos” de Carlos Lorenzo, autor deste documental, coa participación da poeta Emma Pedreira. A peza audiovisual repasa os últimos anos da poesía galega até a actualidade. Emma Pedreira é unha das autoras citadas no documental e acompañará o coloquio posterior á proxección con versos propios e coa súa experiencia vital no mundo da poesía.

A entrada é gratuíta até completar aforo, de 30 persoas, pero é necesario reservar entrada na Billeteira do concello.