Pestanas principais

> Doazóns de sangue no Milladoiro

Luns, 17 outubro, 2022
de 9:30 a 14:30, e de 15:30 a 21:00 horas

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.