Pestanas principais

>Distrito 13 17: Misiles

Sábado, 12 setembro, 2026
Ás 19.00 horas

A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.

Logo das vacacións de verán, Distrito 13 17 arranca o curso o sábado 12 de setembro, de 19.00 a 21.00 horas, coa actividade "Misiles", no anexo do pavillón municipal do Milladoiro.