Pestanas principais

>Distrito 13 17: Maquillaxe

Venres, 6 marzo, 2026
Ás 19.00 horas

A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle Maquillaxe, a terceira das actividades da programación de Distrito 13 17. Será o próximo venres, 6 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas.