Venres, 6 febreiro, 2026
Ás 19.00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.
O venres 6 de febreiro bota a andar esta iniciativa coa actividade Creando rede, das 19.00 ata as 21.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.





