Sábado, 10 outubro, 2026
Ás 19.00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.
O mes de outubro chega con novidades no club Distrito 13 17. Cluedo será a primeira actividade, que se levará a cabo o sábado 10, de 19.00 a 21.00 horas no anexo do pavillón municipal do Milladoiro.





