- Tipo
- Tematica
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 9 de maio, a sesión Cinemanía. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.
O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17, regresa o próximo sábado 9 de maio coa actividade Cinemanía no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Dende as 19.00 e ata as 21.00 horas, os rapaces e rapazas participantes visionarán unha película e posteriormente desenvolverán dinámicas de reflexión e distensión arredor do filme.
Deste xeito, as persoas asistentes a esta actividade poderán gozar dun espazo tranquilo no que ver, comentar e compartir impresións, combinando momentos de pensamento crítico con outros máis relaxados. Todo, arredor do cinema.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse mediante este formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.





