Pestanas principais

>Día de Galicia

Mércores, 23 xullo, 2025
Ás 20.00 horas

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar preto de 50 actividades, entres as que destacan a programación de Ames en Festas, os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o concurso Baila con Ames, o festival ABANEA, o concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a programación da semana da mobilidade, etc.

A programación de xullo péchase o mércores, 23 de xullo, ás 20.00 horas, coa celebración do Día de Galicia no Pazo da Peregrina, onde se lle entregará a medalla do Concello de Ames ao reitor da USC, Antonio López.