Pestanas principais

Desfile e concurso de disfraces

Luns, 4 marzo, 2019
Ás 17.00h

O Concello de Ames celebra a oitava edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizase, a partir das 17:00 horas, no aparcamento da Telleira, situado en Bertamiráns. No concurso de disfraces repartiranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá dous premios especiais dotados con 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. O grupo de música, Brassica Rapa, creado a finais de 2017, e mailo grupo fundado en Ribeira en 2002, A Compañía do Ruído, porán música a esta festa.