Pestanas principais

>Danzacontos "Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva"

Venres, 22 setembro, 2023

Laura Martínez Rey achega ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 22 de setembro ás 18:00 horas o Danzacontos "Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva". Trátase dunha serie de contos danzados para explorar múltiples emocións a través da lingua e da música que terán como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza.

A actividade está dirixida a familias con crianzas de entre 1 e 6 anos.

Para participar hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico a normalización@concellodeames.gal entre o 14 e o 21 de setembro.