Pestanas principais

>Curso de defensa persoal feminina

Sábado, 27 setembro, 2025
De 10.00 a 14.00 horas (en Bertamiráns) e de 16.00 a 20.00 horas (no Milladoiro)

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 27 de setembro, en Bertamiráns e no Milladoiro. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá en Bertamiráns e despois pola tarde no Milladoiro. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade. Para participar hai que inscribirse chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns ou do Milladoiro.

Os cursos teñen unha parte teórica e práctica que se darán en conxunto de forma que a formación sexa dinámica. Na parte teórica traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e o código penal.

​Ademais, haberá unha parte de desenvolvemento do control das cinco claves que contempla o programa de Método Mas como son a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. Tamén se traballará todo tipo de prevención para situacións de risco que nos leven a evitar todo tipo de enfrontamento físico, pero se este non é evitable as persoas participante aprenderán un gran amplo abanico de técnicas de defensa.

​A finalidade dos cursos é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade.  Juan José Martínez é instrutor de Kung-fu pola Federación Galega e adestrador de defensa persoal feminina titulado pola Federación Galega de Kung-fu e pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Para participar nestes cursos hai que inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 981 89 09 64 da Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS) ou ao número 981 53 59 41 pertencente á Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO).