Pestanas principais

>Curso consolidación marcha nórdica en Bertamiráns

Domingo, 4 outubro, 2020

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza os cursos de marcha nórdica. Os inscritos no primeiro obradoiro de iniciación, participarán o domingo 27 de setembro no de consolidación. A actividade, impartida por Ricardo Aguieira, levarase a cabo nos xardíns do Pazo da Peregrina en Bertamiráns ás 10:00 horas.

A marcha nórdica, que consiste en camiñar coa axuda de dous bastóns deseñados específicos, ten como obxectivo optimizar o esforzo que se realiza ao camiñar. En vista dos beneficios cardiovasculares e relacionados coa postura corporal, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, organiza obradoiros de iniciación e consolidación para dar a coñecer a actividade europea.

Deste xeito, os días 12 e 13 comezaron os cursos de iniciación impartidos por Ricardo Anguieira. O primeiro obradoiro de consolidación á marcha nórdica realizouse o sábado 26 no Milladoiro. O día 27 a actividade terá lugar nos xardíns do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 10.00 horas.

Así, durante dúas horas, perfeccionaranse as técnicas xa explicadas nos obradoiros de iniciación. A teoría combinarase con pequenas andainas, que permitirán aplicar eses coñecementos.